lunes, 18 de septiembre de 2017

Visitas guiadas por parte dos voluntarios de Brigantium

   A betanceira Asociación Xuvenil “Brigantium” mediante o Programa “Brigantium co Voluntariado”, realiza diversas iniciativas enfocadas á xuventude betanceira. Nesta entrada falaremos dunha moi especial para o noso Pasatempo, as visitas guiadas que nos meses de septembro e outubro daránlle ao parque ese servicio de atención e información que tanto se ten demandado. A satisfacción do turista e a imaxe do parque e de Betanzos, mellorará notablemente, neutralizando parcialmente a mala imaxe que desprende a situación de abandono do parque.

   Mozas e mozos da contorna de Betanzos inquietos e que vexan no voluntariado un xeito de encamiñar as inquedanzas de carácter social, son quenes levan a cabo estas visitas. O proxecto consiste en promover e formar a estes voluntarios para que axuden a facer realidade a tan necesaria revalorización do Pasatempo. Un grupo de sete rapazas e rapaces achegan información veraz e contrastada aos visitantes que visitan este lugar único e un octavo traballa dende o Espazo Xoven de Betanzos. Ademáis de visitas guiadas, realizan outras actividades tanto nas rúas de Betanzos coma por internet.
   Durante 60 días, de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 andarán dando vida ó parque. Remárcanme que o horario é adaptable en función do interés e "aguante" do visitante, e é que unha visita boa, boa, pode irse ás catro horas tranquilamente.
   Con camiseta blanca e unha insignia que indica que forman parte dunha actividade de Voluntariado, están facendo un traballo que moitos valoramos e aplaudimos.
   Noraboa ós compañeiros de Brigantium, un pracer compartir obxetivos, colaborar e coñecervos. A esa mocidade betanceira con ganas de coñecer o parque e de facer que o coñezan, noraboa, a ocupar estas páxinas en máis ocasións.




No hay comentarios:

Publicar un comentario